Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Benigno, Benigna
Nome cristián
Pronuncia
Benigno:
Benigna:
Hipocorísticos
Másculinos Beni
Etimoloxía e historia
Do latín Benignus ‘bo, amable’. Era un nome e cognome usado en Roma na época imperial tardía e moi popular entre os primeiros cristiáns, polo seu significado.
Motivación
San Benigno de Dijon (século II?), orixinario de Esmirna (Asia Menor) e discípulo de san Policarpo, foi o lendario apóstolo da Borgoña.
Chamáronse así
En Galicia tivo sona Benigno Andrade (1908-1952), alcumado ‘o Foucellas’ pola aldea do concello de Mesía onde nacera, que foi un dos máis famosos e temidos guerrilleiros galegos antifranquistas da posguerra española.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Benignus | |
Catalán | Benigne | |
Español | Benigno | Benigna |
Éuscaro | Benin | Beniñe |
Francés | Bénigne | |
Inglés | Benign | |
Italiano | Benigno | Benigna |
Portugués | Benigno | Benigna |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Benigno
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]