Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Avia
feminino
Nome toponímico
Pronuncia
Avia:
Etimoloxía e historia
Nome dun afluente do Miño pola súa banda dereita, que forma parte de nomes de núcleos de poboación como Ribadavia ou Carballeda de Avia. É de orixe prerromana e contén unha raíz hidronímica indoeuropea: *aw(e)‑ ‘humedecer, mollar, fluír’, que tamén vemos nos nomes dos ríos Ave, Aviño, Valdavia ou o inglés Avon.
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Avia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]