Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aurelio, Aurelia
Personaxe histórico
Pronuncia
Aurelio:
Aurelia:
Hipocorísticos
Másculinos Lelo
Etimoloxía e historia
Do latín Aurelius, nome dunha gens romana, probablemente tirado da mesma voz indoeuropea da que procede Aurora. Outros falan dunha orixe no latín aurum 'ouro'.
Motivación
O emperador Marco Aurelio, alcumado o Sabio, pasou á historia non só por ser un eminente filósofo estoico, senón tamén como xurista, home de moita cultura e con grandes dotes de estadista. Foi un emperador que gobernou con xustiza e equidade, do ano 161 ao 180.
Houbo un santo Aurelio de Cartago (séculos IV-V), que foi bispo desta cidade e amigo de santo Agostiño, e outro de Córdoba (século IX), mártir.
Aurelia era un nome habitual nas mulleres romanas; así se chamaba a nai de Xulio César (séc. I a. C.).
Santa Aurelia de Estrasburgo (século IV) era compañeira de santa Úrsula, pero non morreu coma esta e as once mil virxes en Colonia, debido a que antes enfermara na cidade alsaciana.
Chamáronse así
Aurelio Aguirre (1833-1858) e Aurelio Ribalta (1864-1940), escritores galegos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Aurel | |
Catalán | Orell | |
Aureli | Aurèlia | |
Español | Aurelio | Aurelia |
Éuscaro | Aurelio | Aurelia |
Francés | Aurèle | Aurélie |
Inglés | Aurelius | Aurelia |
Italiano | Aurelio | Aurélia |
Portugués | Aurélio | Aurélia |
Romanés | Aurel | Aurelia |
Ruso | Avrelii | |
Aurel |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]