Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Átila
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do gótico atta 'pai' e -ila, sufixo diminutivo. En Galicia corre tamén como hipocorístico de Atilano.
Motivación
Átila (século V) foi o rei dos hunos, pobo nómade procedente dos confíns orientais de Europa. A historiografía cristiá converteuno nun dos xefes guerreiros máis crueis da historia; foi alcumado “o flaxelo de Deus”. Atacou o Imperio de Oriente e logo o de Occidente, pero foi derrotado na Galia, nos Campos Cataláunicos (451), polo xeneral romano Aecio e o rei visigodo Teodorico. Intentou despois entrar en Roma, pero o papa León I convenceuno de que respectase a Urbe.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Attila | |
Catalán | Àtila | |
Español | Atila | |
Éuscaro | Atila | |
Francés | Attila | |
Inglés | Attila | |
Italiano | Áttila | |
Portugués | Átila | |
Romanés | Attila |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Átila
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]