Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Atanasio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Athanásios, derivado de thanatos 'morte' co prefixo negativo a-: 'o inmortal'.
Motivación
Santo Atanasio o Grande (295-373) foi doutor da Igrexa grega e patriarca de Alexandría, onde nacera; participou no concilio de Nicea (325), onde se enfrontou á herexía de Ario.
Outro santo Atanasio figura nas lendas xacobeas como discípulo de Santiago. Foi un dos que, segundo a tradición, acompañaron o seu cadáver desde Palestina a Galicia nunha barca de pedra que navegou de forma milagrosa sen remos nin velas ata desembarcar en Iria Flavia; xunto con Teodosio, outro dos discípulos, foi falar coa raíña Lupa para que cedese un terreo para enterrar o corpo apostólico.
Chamáronse así
Frei Atanasio de Lobeira, abade de Montederramo, que por volta de 1603 reacciona contra as inxurias escritas contra Galicia, critica os abusos contra os galegos, a inxusta tributación e defende a lingua galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Atanasius | |
Catalán | Atanasi | |
Español | Atanasio | |
Éuscaro | Atanase | |
Atanasio | Atanasia | |
Francés | Athanase | |
Inglés | Athanasius | |
Italiano | Atanasio | |
Portugués | Atanásio | |
Romanés | Atanasie | |
Ruso | Afanasii | Afanasia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Atanasio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]