Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Asteria
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Procede do grego Astería e este de aster 'estrela'.
Motivación
Na mitoloxía grega, Asteria era, por unha parte, filla do titán Ceo e de Febe; pretendida por Zeus, transformouse en paspallás para librarse del e botouse ao mar, onde se transformou nunha illa errante por uns chamada Asteria e por outros Ortixia, ou illa dos paspallás, que máis tarde acabaría recibindo o nome de Delos.
Outra Asteria era filla de Zeus e de Themis; cando ela dominaba a Terra predominaban os sentimentos de xustiza e virtude, pero os homes volvéronse ruíns e entón ela marchou ó ceo para brillar como unha constelación (Virgo), converténdose, polo tanto, na personificación das estrelas e da xustiza.
Houbo, así mesmo, unha santa Asteria de Bérgamo (Italia), mártir durante a persecución de Diocleciano (303-304).
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Éuscaro | Asteria | |
| Asteri | Astere | 
Antes e despois de Asteria
        
        
        
    Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




