Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Astrea
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
A partir de Astraea, latinización do grego Astraía, derivado de astḗr ‘estrela’.
Motivación
Na mitoloxía grega Astrea era filla de Zeus e de Themis Pudor. Cando ela gobernaba a Terra, nos humanos predominaban os sentimentos de xustiza e virtude, pero os homes volvéronse ruíns e entón foise ao ceo brillar como unha constelación, Virgo, demorando antes de marchar aínda un tempo entre os labregos. Era a deusa virxe da inocencia e da pureza.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Astraea | |
Catalán | Astrea | |
Español | Astrea | |
Éuscaro | Astrea | |
Francés | Astrée | |
Inglés | Astria | |
Astrea | ||
Astraea | ||
Portugués | Astrea | |
Astreia |
Antes e despois de Astrea
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]