Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Asdrúbal
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do púnico Azruba'al 'protexido de Baal', divindade oriental, a través do latín Asdrubal, Hasdrubal. É o nome do irmán de Aníbal.
Motivación
Levaron este nome moitos cartaxineses da antigüidade. O máis coñecido, o xenro de Hamílcar Barca, a quen sucedeu, foi o fundador no 227 a. C. da cidade de Qart Hadasht (actual Cartaxena). Morreu asasinado e sucedeuno Haníbal, fillo de Hamílcar.
O segundo Asdrúbal foi irmán de Haníbal; permaneceu en Hispania cando este marchou a conquistar Roma; acabaría sendo vencido polos irmáns Escipión no 215 a. C.
Chamáronse así
En Galicia lembramos a Asdrúbal Ferreiro, que por volta de 1931 colaborou con Alexandre Bóveda na parte económica do Estatuto de Autonomía de Galicia da II República.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hasdrubal | |
Catalán | Hàsdrubal | |
Àsdrúbal | ||
Español | Asdrúbal | |
Éuscaro | Hasdrubal | |
Francés | Hasdrubal | |
Italiano | Asdrubale | |
Portugués | Asdrúbal |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Asdrúbal
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]