Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Asunción
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Asunción:
Variantes
Femininas Asunta
Hipocorísticos
Femininos Xon, Xona, Xonxa, Chon, Chona, Choncha
Etimoloxía e historia
Do latín assumptio (ac. assumptionem), co significado de 'acción de tomar ou atribuír' na lingua clásica; no latín eclesiástico designa a 'elevación da Virxe ao ceo'.
Motivación
Nome cristián, xeralmente composto (María Asunción ou María Asunta) baseado na crenza popular de que María ascendera gloriosa ao ceo en corpo e alma transportada por unha nube, sen pasar pola morte.
Chamáronse así
Asunción Correa Calderón, escritora de Baralla (1868-1951) e a súa filla, a pintora Choncha Bonet Correa (1922-2011).
María de la Asunción Rosalía Josefa Aquilina Zenobia Eusebia Anastasia Vinyals y Ferrés (1875-1940), máis coñecida por María Vinyals, a Marquesa Vermella, foi pintora escritora e correspondente da RAG.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Assumpta | |
Assumpció | ||
Español | Asunta | |
Asunción | ||
Éuscaro | Asuntzi | |
Jaso | Jasone | |
Francés | Assomption | |
Italiano | Assunta | |
Portugués | Assunta | |
Assunção |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]