Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Augusto, Augusta
Personaxe histórico
Pronuncia
Augusto:
Etimoloxía e historia
Do latín Augustus 'sagrado, venerable, augusto'; derivado de *augus (augur), isto é, o sacerdote encargado de predicir o futuro.
Motivación
O nome ten a súa orixe no título de prestixio 'Augustus' que o Senado romano conferiu ao emperador Caio Xulio César Octaviano no ano 27 a. C. En diante, o que se considerou o mellor e máis famoso dos emperadores habería ser coñecido por Octavio Augusto; despois del, todos os emperadores romanos levaron adxunto ao seu nome propio este título.
Chamáronse así
O filósofo Auguste Comte (1798-1857), os pintores Jean-Auguste-Dominique Ingres (1780-1867) e Pierre-Auguste Renoir (1841-1919), o escultor Rodin (1840-1917) e un dos irmáns Lumière (1862-1954), inventores do cinematógrafo.
En Galicia tivo sona o xornalista Augusto Assía, pseudónimo de Felipe Fernández Armesto (1904-2002). Augusto Casas (1906-1973) foi avogado e escritor ourensán, autor de varias obras en galego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | August | |
Catalán | August | Augusta |
Español | Augusto | Augusta |
Éuscaro | Augusto | |
Francés | Auguste | |
Inglés | Augustus | |
Italiano | Augusto | Augusta |
Portugués | Augusto | Augusta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Augusto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]