Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xenadio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
De orixe celta, co significado de 'nacido de Deus'. Hai quen o fai proceder do grego Gennádios, derivado de gennádas 'nobre, de boa caste'.
Motivación
San Xenadio foi patriarca de Constantinopla (século V), escritor e teólogo; fixo moitos esforzos por conciliar as tradicións grega e exipcia.
Outro san Xenadio foi un monxe bieito do século IX nacido en Braga e restaurador do mosteiro de San Pedro de Montes, no Bierzo, fundado por san Froitoso. Foi nomeado bispo de Astorga polo rei Afonso III o Magno.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gennadius | |
Catalán | Genadi | |
Español | Genadio | |
Francés | Gennadios | |
Gennade | ||
Inglés | Gennadius | |
Italiano | Gennadio | |
Portugués | Genádio | |
Romanés | Ghennadie | |
Ruso | Ghenadii |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]