Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xelasio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Gelasius, adaptación do grego Gelásios, derivado do substantivo gélasis 'sorriso', e de aí 'o que sorrí, alegre, ledo'.
Motivación
Houbo dous papas con este nome. San Xelasio I (492-496) presidiu en Roma o sínodo que emitiu o Decreto Xelasiano, que establece a distinción entre os libros canónicos e os apócrifos. Reforzou a primacía da Igrexa Romana fronte ás pretensións do patriarca de Constantinopla. Xelasio II foi papa de 1118 a 1119; sucedeuno Calisto II, o papa amigo do bispo Xelmírez.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gelasius | |
Catalán | Gelàs | |
Gelasi | ||
Español | Gelasio | |
Éuscaro | Gelasio | |
Francés | Gélase | |
Inglés | Gelasius | |
Italiano | Gelasio | |
Portugués | Gelásio |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]