Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xedeón
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Do hebreo Gid'on, a través do grego Gedeon e o latín Gedeon; probablemente sexa un alcume derivado de ga'da 'cortar' que significaría 'manco, toco', ou ben 'que rompe, que desfai'.
Motivación
Na Biblia, Xedeón ou Guideón Ierubaal (séculos XII-XI a. C.) foi un dos seis xuíces maiores de Israel. Segundo o relato bíblico tivo setenta fillos de diferentes nais, todos eles asasinados por Abimelec menos un, o máis novo. Loitou contra os madianitas cuns combatentes escollidos por el.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gideon | |
Catalán | Gedeó | |
Español | Gedeón | |
Éuscaro | Gedeon | |
Francés | Gédéon | |
Inglés | Gedon | |
Gedeon | ||
Italiano | Gedeone | |
Portugués | Gedeão |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]