Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xavier
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Xavier:
Variantes
Masculinas Xabier
Etimoloxía e historia
Do éuscaro etxe 'casa' e berri 'nova': 'casa nova'. Trátase dun dos moitos topónimos convertidos en antropónimos, como Carmelo, Guadalupe, Loreto etc. Este nome estendeuse no mundo católico coa sona de Francisco Xavier.
Motivación
San Francisco Xavier (1506-1552) naceu no castelo de Xabierre (Navarra). Cando estudaba en París coñeceu a Ignacio de Loiola e, tras ser ordenado sacerdote en Venecia, participou en Roma na redacción das constitucións da Compañía de Xesús. En 1541 partiu de Lisboa cara ás Indias Orientais como legado do papa. Durante dez anos desenvolveu unha grande actividade misioneira na India, Malaca, nas illas Molucas e mesmo no Xapón. O seu corpo está depositado en Goa (India), antiga colonia portuguesa.
Chamáronse así
O ourensán Xavier Prado ‘Lameiro’ (1874-1942), veterinario, autor teatral e poeta, ademais de destacado protagonista do rexionalismo galego de principios do século XX, dentro das Irmandades da Fala.
O escritor galego Xabier P. Docampo (1946-2018), Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil 1995, entre outros galardóns.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Xaver | |
Catalán | Xavier | |
Español | Javier | Javiera |
Éuscaro | Xabier | Xabierra |
Francés | Xavier | Xaviere |
Inglés | Xavier | |
Italiano | Saverio | |
Portugués | Xavier |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]