Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xema
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Xema:
Etimoloxía e historia
Do latín gemma 'gromo, xerme da videira e doutras plantas' e 'pedra preciosa'. Xa no propio latín tardío se usaba como sobrenome, co valor afectivo de 'fermosa, preciosa como unha xema'. A súa difusión moderna débese fundamentalmente á santa italiana.
Motivación
Santa Xema de Ourense, segundo unha lenda local, foi unha virxe martirizada no século II. É avogosa das mulleres estériles.
Santa Xema Galgani, ou Xema de Lucca (1878-1903), foi unha mística italiana que sufría estigmas nas mans e nos pés, posesións diabólicas e tiña visións da Virxe e de diversos santos. Morreu con 25 anos despois de moitas doenzas. Canonizada por Pío XII en 1940, foi a primeira santa italiana do século XX. O seu culto espallouse rapidamente por Europa e por América do Sur levado polos pasionistas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gemma | |
Catalán | Gemma | |
Español | Gemma | |
Gema | ||
Francés | Gemme | |
Inglés | Gemma | |
Italiano | Gemma | |
Portugués | Gema |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]