Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xeneroso, Xenerosa
Nome cristián
Pronuncia
Xenerosa:
Etimoloxía e historia
Do latín tardío generosus, derivado de genus 'nacemento, estirpe', e de aí 'nobre de nacemento, nobre de sentimento'. Por ampliación semántica pasou a significar 'que obra con magnanimidade e grandeza de ánimo', 'que dá do que ten'.
Motivación
San Xeneroso (século IV) foi mártir en Tívoli (Italia), e santa Xenerosa (século II) en Cartago.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Generós | Generosa |
Español | Generoso | Generosa |
Éuscaro | Kenerosa | |
Italiano | Generoso | Generosa |
Portugués | Generoso | Generosa |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]