Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xenxo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Xenxo:
Variantes
Etimoloxía e historia
Do latín Genesius, nome da época cristiá, calcado do grego Genésios, e este de génesis 'xénese', derivado de génos 'orixe', 'familia', 'linaxe'. Orixinariamente era un adxectivo que significaba 'natalicio' pero que só se aplicaba ás divindades, consideradas como o xenio xentilicio que protexía unha estirpe nas súas sucesivas xeracións. A mesma orixe teñen os topónimos San Xes, Sanxés ou Sanxenxo.
Motivación
San Xenxo de Arles —Arle en occitano— (séculos III-IV), escribán desta cidade, foi decapitado por negarse a transcribir o edicto de persecución dos cristiáns do ano 303. Da devoción a este santo proceden os topónimos galegos citados (San Xes en Paderne de Allariz, na Peroxa e en Lobeira, Sanxés na Pontenova), e as advocacións de varias parroquias.
San Xenxo de Roma (séculos III-IV), segundo a lenda, era un actor de comedias que, representando diante do emperador Diocleciano unha peza en que se ridiculizaban os cristiáns, acabou confesando que el tamén o era; polo que o emperador mandou decapitalo.
A pequena igrexa de San Xes de Francelos, preto de Ribadavia, no Ribeiro, datada no século X, sitúanos nas orixes do monacato galego; seguramente foi un dos moitos mosteiros familiares que proliferaron desde tempos moi remotos polas beiras do Miño e do Sil. Ten unha celosía pétrea calada que é unha das xoias da arte prerrománica galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Genís | |
Español | Ginés | |
Éuscaro | Genesio | |
Francés | Genès | |
Inglés | Genesius | |
Italiano | Genesio | |
Portugués | Gens |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Xenxo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]