Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xerome
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Xerome:
Etimoloxía e historia
Do latín Hieronymus, que procede do grego Hierṓnymos, composto de hierós 'sagrado' e ónoma 'nome'; polo tanto significa 'nome sagrado'.
Motivación
San Xerome (347-420) foi un dos principais doutores da Igrexa. Naceu en Dalmacia e estudou en Roma. A súa erudición levouno a estudar a lingua hebrea mentres vivía no deserto de Siria. Foi secretario do papa san Dámaso e a el se debe a tradución da Biblia do grego ao latín, denominada a Vulgata (420). Foron onda el en busca de información dous teólogos galaicos: Avito e Paulo Orosio. A Lenda dourada de Jacopo della Voragine, unha compilación de vidas de santos moi difundida a partir do século XIII, presenta tres temas populares referidos a el: a súa flaxelación, as tentacións ou soños lascivos no deserto e o episodio do león domado; os tres foron moi representados por mestres pintores de todos os tempos.
Chamáronse así
O pintor holandés Jheronimus ou Hieronymus Bosch (1450-1516), adaptado como ‘o Bosco’ no noso idioma.
Jerónimo del Hoyo (séculos XVI-XVII), cóengo da catedral de Santiago coñecido polas súas Memorias del Arzobispado de Santiago (1607), manuscrito cun rico repertorio de notas descritivas de todas as parroquias do Arcebispado compostelán, resultado do seu labor como visitador xeral.
Jerónimo Macho Velado (1826-1899), naturalista da Universidade de Santiago.
O xefe apache Gerónimo (1829-1909), heroe indíxena amerindio que entre 1858 e 1886 loitou en defensa do seu pobo contra os exércitos mexicano e estadounidense.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hieronymus | |
Catalán | Jeroni | |
Español | Jerónimo | |
Éuscaro | Jeronimo | |
Jerolin | ||
Francés | Jerome | |
Inglés | Jerome | |
Italiano | Girolamo | |
Portugués | Jerónimo | |
Romanés | Ieronim | |
Ruso | Ieronim |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]