Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xertrude
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e introdución recente, que está composto polas raíces *ger ‘lanza’ e trudes ‘leal’.
Motivación
Santa Xertrude de Nivelles ou de Brabante (626-659) era filla do mordomo Pepin de Landen, príncipe de Brabante, e de santa Itta, a quen sucedeu como abadesa do mosteiro de Vivelles (Bélxica). Santa Xertrude a Grande (1256-1302), irmá de santa Matilde, foi unha monxa bieita e escritora mística alemá.
Xertrude, raíña de Dinamarca, é a nai de Hamlet no drama de Shakespeare.
Chamáronse así
As escritoras Gertrudis Gómez de Avellaneda (1814-1873), española; Gertrude Stein (1874-1946), estadounidense, e Gertrude von Le Fort (1876-1971), alemá.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gertrud | |
Catalán | Gertrudis | |
Español | Gertrudis | |
Éuscaro | Gertrudis | |
Francés | Gertrude | |
Inglés | Gertrude | |
Italiano | Geltrude | |
Portugués | Gertrudes |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]