Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xervasio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica, introdución recente e de etimoloxía escura, quizais xermánica, aínda que se atesta en Roma no século I, cando eran moi raros os nomes de tal orixe.
Motivación
San Xervasio e san Protasio (século I) eran irmáns xemelgos, fillos de san Vidal e de santa Valeria. Morreron mártires baixo o imperio de Nerón. Atoparon os seus corpos en Milán no tempo de santo Ambrosio e fixéronos patróns desta cidade.
Chamáronse así
O poeta muxián, emigrado en Buenos Aires, Xervasio Paz Lestón (1898-1977).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Gervasi | |
Español | Gervasio | |
Éuscaro | Gerbasi | |
Francés | Gervais | |
Inglés | Gervase | |
Italiano | Gervasio | |
Portugués | Gervásio | |
Romanés | Ghervase | |
Ruso | Ghervasii |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]