Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xenoveva
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Difundiuse a través do francés Geneviève, que procede do baixo latino Genovefa, de orixe pouco segura. Tagliavini pensa nun composto do céltico geno 'xénero, estirpe' e do xermánico wefa 'muller, dona' (lembremos inglés wife e alemán Weib). Tamén hai quen lle apón orixe gala.
Motivación
Santa Xenoveva de París (século V) naceu na cidade francesa de Nanterre. Tras a morte dos pais entra nun convento en París. Segundo a tradición, Xenoveva animou o pobo a combater o exército do huno Átila, que ameazaba París, e logrou que este se retirase sen atacar a cidade. A santa gozou en vida de enorme prestixio e contribuíu á cristianización dos francos e doutros pobos xermánicos.
Tamén tivo moita sona santa Xenoveva de Brabante, na actual Bélxica, lendaria heroína popular. A Lenda dourada (unha compilación de vidas de santos moi difundida a partir do século XIII) de Jacopo della Voragine recolle a súa historia: era filla do duque de Brabante e fora repudiada polo seu home debido a unha falsa acusación de adulterio; viviu soa nunha fraga co seu fillo, alimentados por unha corza, ata que se recoñeceu a súa inocencia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Genoveva | |
Español | Genoveva | |
Éuscaro | Genofa | |
Genobeba | ||
Francés | Geneviève | |
Inglés | Genevieve | |
Italiano | Genoveffa | |
Portugués | Genoveva |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]