Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xenevra
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do francés Genièvre, da forma anglonormanda Guenièvre, á súa vez do galés Gwenhwyfar, composto polas raíces célticas gwen ‘branco’ e unha segunda parte que se ten posto en relación con ‘escuma’ ou con ‘fantasma, ser máxico, elfo’.
Motivación
Nas lendas artúricas ou do ciclo bretón, Xenevra era a muller do rei Artur de Britania, a quen lle foi infiel, pois tivo amores con Lanzarote (ou Lancelote), o máis fermoso, cortés e valente dos cabaleiros da Táboa Redonda. A lenda asocia a infidelidade de Xenevra coa caída do reino de Camelot, e tamén se considera un símbolo da fraxilidade da condición humana. Segundo a lenda, está será a causa principal do final do reino de Britania, invadido por anglos e saxóns no século V. En todo caso, a difusión do nome de Xenevra deberase á popularidade dos libros de cabalaría a finais da Idade Media.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Guinevere | |
Catalán | Ginebra | |
Español | Ginebra | |
Éuscaro | Ginebra | |
Francés | Gunièvre | |
Guenièvre | ||
Galés | Gwenhwyfar | |
Inglés | Jennifer | |
Guinevere | ||
Italiano | Ginevra | |
Portugués | Ginevra |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]