Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xemena, Xemeno
Variantes
Etimoloxía e historia
De orixe escura. Dado que na Península era un nome especialmente frecuente na zona vasco-navarra, pénsase que debe ser de orixe éuscara, posiblemente relacionado con seme ‘fillo varón'. En Galicia tivo bastante difusión na Idade Media, fundamentalmente as formas femininas, Xemena, Exemena, Scemena, entre outras. A conservación do -n- parece indicar que se trata dun latinismo, leonesismo ou castelanismo.
Chamáronse así
Jimena Fernández de la Vega (1895-1984), natural da Veiga (vila asturiana da comarca eonaviega, de fala galega) que, xunto á súa irmá xemelga Elisa, foron as primeiras mulleres que estudaron na Universidade de Santiago; matriculáronse en Medicina en 1913 e licenciáronse en 1919 cos mellores expedientes da promoción.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Ximena | |
Español | Jimeno | Jimena |
Éuscaro | Xemena | |
Simena | ||
Semera | ||
Seme | Semena | |
Ximena | ||
Portugués | Ximeno | Ximena |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]