Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sansón
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Do hebreo, diminutivo de xamax 'Sol', polo tanto 'pequeno Sol' ou ben 'fillo do Sol'. Chegou a nós a través do grego Samsón e do latín Samson (ou Sampson). A Biblia di realmente Simsôn pero como o texto orixinal non escribía as vogais, a restauración da vogal por i considérase hoxe errada.
Motivación
Na Biblia, Sansón foi un dos xuíces de Israel, dotado dunha forza extraordinaria. Encarna a loita dos israelitas contra os filisteus, os primeiros ocupantes de Palestina. A filistea Dalila, coa que casou, conseguiu saber que o segredo da súa forza radicaba no seu cabelo, e cortoullo mentres durmía (na antigüidade rapar un guerreiro era humillalo). Entregado despois aos filisteus, estes cegárono e atárono ás columnas do seu templo, que acabou derrubando unha vez que lle volveu medrar o pelo. A figura de Sansón evoca en certos aspectos o Heracles grego. A historia de Sansón e Dalila inspiraría moitas obras escultóricas e pictóricas, literarias e musicais.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sampson | |
samson | ||
Bretón | Samzun | |
Samson | ||
Catalán | Samsó | |
Español | Sansón | |
Éuscaro | Samson | |
Sanson | ||
Francés | Sanson | |
Inglés | Sampson | |
Samson | ||
Italiano | Sansone | |
Portugués | Sansão | |
Romanés | Samson |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]