Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
París
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do grego Páris, de significado descoñecido aínda que probablemente é un nome preheleno.
Motivación
Segundo a Ilíada de Homero, París, fillo do rei Príamo de Troia e de Hécuba e irmán máis novo de Heitor, raptou a Helena, esposa do rei Menelao de Esparta, e provocou a guerra de Troia. Con anterioridade, o deus supremo Zeus nomeárao xuíz para decidir cal das tres deusas —Hera, Atenea e Afrodita— era a máis fermosa, no episodio da mazá da discordia. París decidiuse pola última, que lle prometera o amor de Helena de Esparta, o que lle trae o odio das outras dúas. Na Ilíada París mata a Aquiles disparándolle unha frecha ao talón, o único punto vulnerable deste heroe, feito considerado un acto de covardía, por non se atrever a un combate corpo a corpo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Paris | |
Español | Paris | |
Éuscaro | Paris | |
Francés | Paris | |
Italiano | Paride | |
Paris | ||
Portugués | Páris |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de París
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]