Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Florinda
feminino
Pronuncia
Florinda:
Véxase Linda
Etimoloxía e historia
Nome formado pola raíz latina flor- co sufixo xermánico -lind, co -l- desaparecido por disimilación, como en Rosalinda.
Motivación
Frolinda (ou Florinda) é a protagonista feminina da lenda da furna da Buserana, segundo o relato publicado en 1925 polo escritor muxián Gonzalo López Abente.
Dona Florinda é o título dun dos contos de Cousas de Castelao, publicados entre 1926 e 1929.
Chamáronse así
Florinda Gutiérrez Alba (n. 1917), guerrilleira antifascista de Vilarello (Cervantes).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Florinda | |
Español | Florinda | |
Portugués | Florinda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Florinda
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]