Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fortunato, Fortunata
Nome cristián
Pronuncia
Fortunato:
Etimoloxía e historia
Do latín Fortunatus, cognome romano frecuentísimo de significado transparente por corresponder ao adxectivo fortunatus 'afortunado, que ten boa fortuna', derivado de fortuna 'fortuna, sorte'. Os romanos personificaron a fortuna na deusa Fortuna, e o fortunatos era o favorito desta deusa.
Motivación
San Fortunato de Poitiers (540-600), nado en Italia, tivo sona como poeta en latín. Curado dunha doenza grave por intercesión de san Martiño de Tours, peregrinou á tumba deste santo. Elixido bispo de Poitiers en 597, morrería pouco despois.
Santa Fortunata, doncela valenciana, morreu mártir nunha das primeiras persecucións.
A forma feminina do nome popularizouse pola novela Fortunata y Jacinta (1857), do escritor español Benito Pérez Galdós. Fortunato de Trasmundi (1990) é unha novela de Darío Xohán Cabana.
Chamáronse así
Fortunato Cruces Angueira (Dodro 1870 - Buenos Aires 1961), xornalista e escritor en galego e en castelán que na emigración arxentina fundou varias publicacións galegas, como o semanario Correo de Galicia (1898), a revista Nova Galicia (1901) e La Voz de Galicia (1913); tamén foi cofundador, xunto con outros empresarios da colectividade galega de Buenos Aires, do Banco de Galicia (1904), que aínda na actualidade é unha das principais entidades bancarias da República Arxentina.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Fortunatus | |
Fortunat | ||
Catalán | Fortunat | |
Español | Fortunato | Fortunata |
Éuscaro | Fortunato | |
Inglés | Fortunatus | |
Italiano | Fortunato | |
Portugués | Fortunato | Fortunata |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Fortunato
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]