Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Froilán
masculino
Nome cristián
Véxase Froila
Etimoloxía e historia
Este nome ten a mesma orixe ca Froila, que se declinaba como Froilane para o caso universal.
Motivación
San Froilán (833-905), fillo de santa Froilo, naceu nos arredores de Lugo. Cando era moi novo marchou facer vida de anacoreta aos montes dos Ancares e do Cebreiro, xunto co seu amigo santo Atilano. Co apoio do rei Afonso III o Magno, os dous ermitáns fundaron varios mosteiros, entre eles o de Moreruela, en Tábara (Zamora), no val do río Esla. Este mosteiro foi un foco de civilización con san Froilán de abade e santo Atilano de prior. Cando falece o bispo de León, o pobo reclama ao rei Afonso o nomeamento de Froilán para o cargo, ao que o monarca accede. Morrería en León no ano 905 e está enterrado na catedral. É patrón da cidade de Lugo e das dioceses de Lugo e de León.
Levaron este nome os reis altomedievais Froilán ou Froila I (757-768), ástur-galaico; e Froila Xemúndez (866) e Froilán ou Froila II (925-926), galaico-leoneses.
Chamáronse así
Froilán Salazar Roca, avogado e xornalista do século XIX, colaborador de varios xornais coruñeses.
Froilán López (Láncara 1900 - Madrid 1990), catedrático de latín nun instituto de Lugo. Publicou traballos de toponimia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Froilà | |
Español | Froilán | |
Portugués | Froilão |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Froilán
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]