Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Frederico, Frederica
Nome cristián
Variantes
Masculinas Federico
Hipocorísticos
Másculinos Fede, Quico
Etimoloxía e historia
Nome xermánico de introdución recente, formado polos elementos góticos *frith ‘paz’ e*rikaz ‘poderoso’.
Motivación
San Frederico (século IX) foi bispo de Utrecht (Holanda); por criticar a vida disoluta e o despotismo da emperatriz Xudite foi asasinado por orde desta na catedral da cidade.
Levaron este nome varios reis e emperadores de Prusia dos séculos XVIII e XIX: Frederico II o Grande e Frederico Guillerme I, II, III e IV.
Chamáronse así
Federico G. Maciñeira Pardo de Lama (O Barqueiro 1870 - Ortigueira 1943) foi un notable arqueólogo e historiador.
O músico polaco de pai francés Frédéric (Fryderyk en polaco) Chopin (1810-1849), o filósofo alemán Friedrich Engels (1820-1895), os escritores Frédéric Mistral (1830-1914), francés, Premio Nobel de Literatura 1904 en lingua occitana, e o español Federico García Lorca (1899-1936); así mesmo o cineasta italiano Federico Fellini (1920-1993).
Na forma feminina levouno a escritora e política anarquista Federica Montseny (1905-1994), nomeada en 1936 ministra de Sanidade polo Goberno da II República española.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Fritz (hip.) | |
Friedrich | ||
Catalán | Frederic | Frederica |
Español | Federico | Federica |
Éuscaro | Perderika | Perderike |
Frederiko | Frederika | |
Francés | Frédéric | Fédérica |
Inglés | Freddy (hip.) | |
Fred | ||
Frederick | ||
Italiano | Federico | |
Portugués | Frederico | |
Sueco | Fredrick |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Frederico
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]