Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Froila
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Froila:
Véxase Froilán
Etimoloxía e historia
Antigo nome, moi común nos textos galegos desde o século VI, usado na Idade Media por varios reis de Asturias e León. De orixe xermánica, está baseado na raíz gótica frauja ‘señor’. Froila é o caso nominativo; do mesmo nome, a través da declinación Froilane, procede Froilán.
Motivación
Na Alta Idade Media do noroeste da Península Ibérica documéntanse tres monarcas —ou señores territoriais— con este nome: Froilán ou Froila I, que gobernaría desde a súa corte de Oviedo o convencionalmente chamado “reino ástur-galaico”, de 757 a 768, e refundou o mosteiro de Samos. Outro, Froilán ou Froila II, que xa gobernou desde León, a capital do convencionalmente chamado “reino galaico-leonés”, de 924 a 925. Cómpre engadir, así mesmo, Froila Xemúndez, conde galego de Lugo que en 866 lle usurpou o trono de Oviedo ao mozo Afonso III e que gobernou varios meses como un monarca máis. Este período altomedieval foi de grande escuridade histórica no cal as poucas fontes documentais existentes —sobre todo as árabes do Al-Ándalus— falan unicamente do reino de Yillikya ou Jalikiah (Gallaecia) ou “reino dos galaicos” para o territorio dos cristiáns de todo o noroeste peninsular, o situado ao norte do río Douro, denominación agochada ou minimizada pola historiografía española. Tamén as fontes europeas —sobre todo as francesas— recoñecen o extenso reino medieval de Galicia, que comprendía un territorio moito máis amplo có da Galicia actual.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Fruela | |
Portugués | Froila |
Antes e despois de Froila
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]