Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gabino
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Gabino:
Etimoloxía e historia
Do xentilicio romano Gabinus, sobrenome dunha estirpe romana. Significa 'oriúndo de Gabio', antiga cidade do Lacio.
Motivación
San Gabino de Roma foi mártir durante o Imperio de Diocleciano. Segundo a lenda, foi pai de santa Susana e irmán do papa Caio. Houbo outro mártir con este nome nesta mesma época na illa de Sardeña.
Chamáronse así
Gabino Rey (1928-2006), pintor de Marín que desenvolveu a súa carreira en Barcelona.
Gabino Díaz de Herrera (1906-1983), arquivista e escritor do Barco de Valdeorras.
Gabino Bugallal (1861-1932), avogado e político de Ponteareas, ministro en varias ocasións.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Gabí | |
Español | Gabino | |
Éuscaro | Gabino | |
Gabin | ||
Italiano | Gavino | |
Portugués | Gabino |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Gabino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]