Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gaifeiros
masculino
Nome literario
Variantes
Masculinas Gaiferos
Etimoloxía e historia
Nome de introdución literaria recente. Procede do xermánico Waifarius, quizais de waif- ‘muller’ e hari ‘exército’.
Motivación
O poema de don Gaifeiros de Mormaltán, por estar ligado ao tema xacobeo, tense considerado o romance sobranceiro da tradición oral galega. Púxoo por escrito, por vez primeira, o historiador Manuel Murguía en 1888. Con variacións no texto, a versión musicada débese ao investigador, gaiteiro e zanfonista Faustino Santalices, que a interpretou por vez primeira en 1954 e a gravaría na década de 1970. O poema conta a historia dun peregrino a Compostela chamado Gaifeiros de Mormaltán —que se identifica con Guillerme X, duque de Aquitania— que remata a súa peregrinación morrendo ante o altar maior da catedral de Santiago o venres santo do ano 1137.
Hoxe está fóra de toda dúbida que este poema narrativo nin é medieval nin formou parte da literatura tradicional galega. Tense por certo que foi composto polo mesmísimo Manuel Murguía xunto con outros romances supostamente tradicionais; polo tanto, como afirma algún investigador, debería pasar a formar parte do acervo poético murguiano en lingua galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Gaiferos | |
Francés | Gaifiers | |
Portugués | Gaifeiros |
Antes e despois de Gaifeiros
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]