Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gaila
feminino
Nome literario
Véxase Abigaíl
Etimoloxía e historia
De orixe escura, en Galicia o seu uso débese ao nome da protagonista da obra de teatro Divinas palabras, de Valle Inclán, Mari Gaila. En realidade é a forma feminina do alcume do seu marido, Pedro Gailo. Por tanto, non ten que ver co nome medieval feminino Gaila que se rexistra na documentación do País Vasco, nin co nome inglés Gaila, variante de Gail, e este hipocorístico de Abigaíl.
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]