Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Galaaz
masculino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Do francés medieval Galaads ou Galahads, nome do personaxe artúrico, talvez inventado polo autor da Demanda do Santo Graal. Na súa base pode estar un galea 'elmo'.
Motivación
Galaaz é un personaxe lendario, o principal da Demanda do santo Graal, manuscrito medieval escrito en galego pertencente ao chamado Ciclo Bretón ou Materia de Bretaña. Era fillo ilexítimo de Lanzarote. De adulto foi armado cabaleiro polo seu pai e marchou despois á corte do rei Artur en Camelot, onde estaban reunidos os cabaleiros da Táboa Redonda. Ocupa nesta mesa a Seeda Perigosa (a ‘Cadeira Perigosa’), reservada para o único cabaleiro do mundo que tería éxito na procura do santo Graal, o cáliz da última cea de Cristo. Os cabaleiros marchan todos na procura do vaso sagrado e a uns e a outros acontécenlles moitas aventuras (a Besta Ladrador, O Cervo Branco…), pero tan só tres deles —Galaaz, Boors e Perceval— terán éxito na busca. Finalmente será Galaaz o único que dará co cáliz, pois só el era o cabaleiro puro e casto, libre de pecado: o cabaleiro perfecto. Será levado aos ceos coma o profeta Elías bíblico.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Galeàs | |
Galaàs | ||
Galaaz | ||
Español | Galaz | |
Galahad | ||
Éuscaro | Galahad | |
Francés | Galaaç | |
Galahad | ||
Galaas | ||
Galés | ||
Inglés | Gwalchavad | |
Portugués | Galaaz |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]