Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gabriel, Gabriela
Nome bíblico
Pronuncia
Gabriel:
Gabriela:
Etimoloxía e historia
Do hebreo Gabriél, nome teofórico que contén un dos nomes de Deus, el, unha forma abreviada de Elohim 'Iavé'; no seu primeiro elemento contén a raíz verbal gabar 'ser forte'.
Motivación
Gabriel é un dos catro anxos máis importantes do xudaísmo (o cristianismo denomínao arcanxo, fundándose na literatura apocalíptica), porque é o 'mensaxeiro', o anunciador, o asistente de Deus por excelencia: Deus mandouno onda o profeta Daniel para explicarlle o significado das súas visións, onda Zacarías para anunciarlle o nacemento de Xoán o Bautista, e onda María para anunciarlle o de Cristo. No Islam revela a Mahoma a súa misión e dítalle o Alcorán.
Chamáronse así
Os escritores Gabriela Mistral, chilena, Premio Nobel de Literatura en 1945, e Gabriel García Márquez, colombiano, Premio Nobel de Literatura en 1982.
En Galicia lembramos a Gabriel Feixoo de Araúxo, autor do Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), unha das poucas obras literarias en galego nos Séculos Escuros. Trata dunha pelexa entre galegos e portugueses nas beiras deste río, reflexo serodio das batallas sanguentas que anos antes se libraran na fronteira con motivo da guerra da independencia portuguesa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gabriel | Gabriela |
Bretón | Bïel | |
Gabriel | ||
Gabig | ||
Catalán | Biel | |
Gabriel | Gabriela | |
Español | Gabriel | Gabriela |
Éuscaro | Gabriel | Gabriela |
Gabirel | ||
Francés | Gabi | |
Gabriel | Gabrielle | |
Húngaro | Gábor | |
Inglés | Gabriel | Gabrielle |
Italiano | Gabriello | Gabriella |
Gabriele | ||
Portugués | Gabriel | Gabriela |
Romanés | Gabriel | |
Ruso | Gavriil |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Gabriel
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]