Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Florentino, Florentina
Nome cristián
Pronuncia
Florentino:
Florentina:
Hipocorísticos
Másculinos Tino, Tinucho, Floren, Floro
Femininos Flori, Tina, Tinucha
Etimoloxía e historia
Do latín Florentinus, derivado do nome propio Florentius, que á súa vez o é do adxectivo florens 'florido'.
Motivación
San Florentino (século XIV) foi bispo de Tréveris (Alemaña).
Santa Florentina (século VI), irmá dos santos visigodos Leandro, Isidoro e Fulxencio, foi abadesa en Sevilla.
Chamáronse así
O arqueólogo e historiador Florentino López Cuevillas (1886-1958), a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 1968.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Florentin | Florentine |
Catalán | Florentí | Florentina |
Español | Florentino | Florentina |
Francés | Florentin | Florentine |
Italiano | Florentino | |
Portugués | Florentino | Florentina |
Romanés | Florentin | |
Ruso | Florentin |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Florentino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]