Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Flora
feminino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Flora:
Etimoloxía e historia
Do latín Flora, que xa era nome persoal moi difundido entre os romanos, motivado pola deusa romana da primavera; o seu nome está relacionado coa raíz da palabra latina flos, floris 'flor'.
Motivación
Flora é unha das divindades latinas máis antigas; representaba o eterno renacer da vexetación en primavera e por iso presidía a floración dos cereais, das viñas, das árbores froiteiras e das plantas ornamentais en xeral.
Santa Flora (século IX), segundo o mozárabe santo Euloxio, era filla de pai musulmán e nai cristiá, e segundo a tradición foi decapitada por practicar o cristianismo.
Chamáronse así
Flora Tristán (1803-1844), pensadora feminista e socialista francesa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Flora | |
Catalán | Flora | |
Español | Flora | |
Éuscaro | Flora | |
Loredi | ||
Lore | ||
Francés | Flore | |
Inglés | Flora | |
Italiano | Flora | |
Portugués | Flora | |
Romanés | Flora | |
Ruso | Flora |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Flora
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]