
María Xosé Queizán. A escrita sen límites
Día da poesía
Martes 17 de marzo - 18:30 h
Este nome non se encontra na guía.
feminino
Nome toponímico
Vén do latín fines terrae ‘os confíns da terra’, segundo se ve na documentación medieval, e non, como habitualmente se cre, de finis terrae ‘o fin da terra’.
O cabo de Fisterra, na comarca do seu nome —que substituíu o de Terra de Nemancos, xa presente na Alta Idade Media— é un lugar de gran simbolismo, onde moitos peregrinos a Santiago van rematar o seu camiño, pois desde tempos moi antigos era considerado o punto máis occidental do mundo coñecido, polo menos da Europa continental; hoxe sábese que o cabo da Roca (Sintra-Portugal) está situado un pouco máis ao oeste. Con todo, segundo estudos recentes, a área comprendida entre os cabos de Fisterra e de Touriñán convértese dous meses ao ano na costa do solpor da Europa continental por onde máis tarde se pon o sol.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]