Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Firmino, Firmina
Nome cristián
Pronuncia
Firmino:
Firmina:
Variantes
Masculinas Firmín
Etimoloxía e historia
Do latín Firminus, testemuñado só en época cristiá, derivado de Firmus, que era en principio un cognome pero que logo se converteu nun nome independente. Firmus correspondía ao adxectivo firmus 'firme, sólido, duradeiro'; co cristianismo adquiriu un valor místico: 'o que permanece firme na fe cristiá'.
Motivación
San Firmino (século II), segundo a tradición, fora convertido por san Sadurniño de Tolosa (Occitania-Francia). Foi o primeiro bispo de Pamplona, cidade da que é patrón. Volveu a Francia e foi bispo de Amiens, onde foi martirizado.
Santa Firmina, segundo a lenda, foi martirizada na persecución de Diocleciano (303-304).
Chamáronse así
O polígrafo Fermín Bouza Brey (Ponteareas 1901 - Santiago 1973), xurista, escritor, historiador e ensaísta, protagonista do Día das Letras Galegas de 1992; Fermín Penzol (Sahagún, León 1901 - Santiago 1981), bibliófilo galeguista, creador da Fundación Penzol en Vigo cos fondos da súa biblioteca.
Fermina Orduña (XVIII-XIX) foi unha inventora española e primeira muller en conseguir un privilexio (patente) tecnolóxico en España.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Fermí | |
Español | Fermín | |
Éuscaro | Pirmin | Pirmine |
Fermin | Fermina | |
Francés | Firmin | |
Italiano | Firmino | |
Portugués | Firmino |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]