Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Filiberto
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Filiberto:
Etimoloxía e historia
Adaptación do nome francés Philibert, de orixe xermánica, composto por filu 'moito' e bairthts 'claro, brillante; célebre, famoso'.
Motivación
San Filiberto foi un abade gascón do século VII que fundou mosteiros en Francia co apoio do rei franco Dagoberto I.
Filiberto I e Filiberto II foron duques da Savoia nos séculos XV e XVI. Houbo algúns máis co nome de Manuel Filiberto da Savoia.
Chamáronse así
Filiberto Díaz (1838-1923), avogado e xornalista valenciano que, cando foi gobernador civil en Pontevedra, promoveu a Exposición Rexional Galega de 1880.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Filibert | |
Español | Filiberto | |
Éuscaro | Filiberto | |
Francés | Philibert | |
Inglés | Philibert | |
Italiano | Filiberto | |
Portugués | Filiberto | |
Feliberto | ||
Felisberto |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Filiberto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]