Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ferreol
masculino
Etimoloxía e historia
Do antigo nome de posesor Ferreolus, de orixe latina, diminutivo de ferreus 'de ferro, ferreño’, a través da variante *Ferrolus. Deste nome procede o topónimo galego Ferrol.
Motivación
San Ferreol foi un soldado que viviu na cidade francesa de Vienne entre os séculos III e IV e morreu martirizado por ser cristián. A súa lenda asóciase habitualmente coa de san Xián. Tense afirmado que o topónimo Ferrol vén do nome deste santo, posiblemente porque o seu patrón é san Xián. Pero a documentación histórica parece desmentilo: así, aparece sancto Iuliano de Ferrol no século XI na colección documental de Xuvia.
San Ferreol de Uzès, neto do rei Clotario I, foi bispo desta cidade francesa no século VI.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Ferriol | |
Español | Ferreolo | |
Francés | Ferréol |
Antes e despois de Ferreol
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]