Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Felisa
feminino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Felisa:
Véxase Fiz
Etimoloxía e historia
Adoita considerarse este nome como o feminino de Félix, a partir dunha variante *Felis, que, con todo, está moi pouco documentada. Outra posibilidade é que teña orixe no nome feminino grego Phyllis, do grego antigo phullís ‘folla’.
Filis é unha personaxe mitolóxica, a filla dun rei de Tracia que casou con Demofonte, un fillo de Teseu, cando este volvía da guerra de Troia. Demofonte abandonouna e ela suicidouse, tras o cal se converteu nunha amendoeira sen follas, que só florecerá ó regreso de Demofonte. A partir desta lenda Phyllis deu nome a un xénero de plantas fanerógamas. O nome Filis circulou como nome literario na poesía pastoril do Século de Ouro español e no arcadismo lusitano.
Chamáronse así
Felisa Manzano Conde (1942-2017), Fely Manzano, actriz ourensá.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Phyllis | |
Catalán | Fiŀlis | |
Español | Filis | |
Felisa | ||
Éuscaro | Filis | |
Felisa | ||
Francés | Phyllis | |
Inglés | Phyllis | |
Italiano | Fillide | |
Portugués | Fílis |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Felisa
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]