Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Felicidade
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Felícitas
Etimoloxía e historia
Do latín felicitatem, usado como nome propio feminino só en época cristiá (Felicitas). Corresponde ao substantivo felicitas, felicitatis 'felicidade', e como tantos outros nomes cristiáns, expresa a alegría polo nacemento dun fillo.
Motivación
Este era o nome dunha deusa romana representada con forma de matrona co corno da abundancia, e que non tivo culto ata finais da República (século II a. C.). Na época imperial empézanse a criticar os cultos a divindades abstractas (Felicitas unha delas).
Houbo varias santas con este nome: unha viúva romana do século II martirizada xunto cos seus sete fillos; outra foi unha escrava martirizada en 202 en Cartago, xunto con santa Perpetua.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Felicitas | |
Felizitas | ||
Catalán | Felicitat | |
Español | Felícitas | |
Felicidad | ||
Éuscaro | Felizitas | |
Zorione | ||
Francés | Felicitas | |
Inglés | Felicitas | |
Felicity | ||
Italiano | Felicita | |
Portugués | Felicidade |
Antes e despois de Felicidade
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]