Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Feliciano, Feliciana
Nome cristián
Pronuncia
Feliciano:
Feliciana:
Véxase Fiz
Hipocorísticos
Másculinos Felo
Etimoloxía e historia
Do latín Felicianus, cognome romano, xentilicio de Felix.
Motivación
Houbo varios santos con este nome: un do século I, natural de Córdoba e ao parecer amigo de Séneca, martirizado en tempos de Nerón. Outro do século III, mártir co seu irmán Primo en Roma (a súa historia cóntase nunha versión medieval galega da Legenda aurea de Jacopo della Voragine); outro, tamén do século III, bispo de Foligno, na Umbria (Italia), foi martirizado baixo o emperador Decio.
Chamáronse así
Feliciano Rolán Vicente (1907-1935), poeta galego en lingua castelá. Feliciana Enríquez de Guzmán (1572-1644), dramaturga sevillana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Felicià | |
Español | Feliciano | |
Francés | Félicien | |
Italiano | Feliciano | |
Portugués | Feliciano |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Feliciano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]