Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fe
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Fe:
Etimoloxía e historia
Nome evocador desta virtude teologal, procedente do latín fides 'fe'.
Motivación
Os romanos divinizaron a fidelidade e a honradez (Fides) e o rei Numa construíulles un templo no Capitolio. Na época imperial, os filósofos criticaron o culto a ideas abstractas como Fides, Concordia ou Felicitas, e serían os cristiáns os que lles darían un novo contido. Deste xeito, non tardou en ser nome de bautismo de nenas cristiás.
Santa Fe foi unha rapaciña de 12 anos martirizada na Galia —para uns en Rodez, para outros en Agen— xunto coa súa nai Sofía e as súas irmás Esperanza e Caridade, en tempo do emperador Hadriano (século II) ou de Diocleciano (ano 303). A esta devoción erixiuse no Camiño de Santiago a abadía bieita de Santa Fe de Conques, en Aveyron, na Occitania francesa, cunha igrexa xoia da arte románica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Fides | |
Catalán | Fe | |
Español | Fe | |
Éuscaro | Fedea | |
Francés | Foi | |
Inglés | Fay | |
Faith | ||
Portugués | Fé |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Fe
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]