Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Faustino, Faustina
Nome cristián
Pronuncia
Faustino:
Faustina:
Véxase Fausto
Hipocorísticos
Másculinos Tino
Femininos Tina
Etimoloxía e historia
Derivado do xentilicio latino Faustinus, isto é ,'da familia de Fausto'.
Motivación
San Faustino (século II), sacerdote, era irmán de san Xovita, que era diácono; ambos os dous naturais de Brescia (Italia), onde morreron mártires no ano 120.
Chamáronse así
O folclorista musical Faustino Santalices (Bande 1877 - Madrid 1960), que na década de 1950 recuperou a zanfona e musicou o poema de don Gaifeiros de Mormaltán; e Faustino Rey Romero (Rianxo 1921 - Buenos Aires 1971), crego e poeta en galego.
Faustina Pignatelli (1705-1769), física e matemática napolitana e a segunda muller membro da Academia de Ciencias de Boloña.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Faustinus | |
Catalán | Faustí | |
Español | Faustino | Faustina |
Éuscaro | Faustin | Faustina |
Faustino | ||
Francés | Faustin | Faustine |
Inglés | Faustinus | Faustina |
Italiano | Faustino | |
Portugués | Faustino | |
Romanés | Faustin | |
Ruso | Favstin |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]