Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fabricio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome de orixe clásica, histórica e literaria, tomado a fins do medievo do antigo xentilicio latino Fabricius 'relativo ao artesán', de faber 'artesán'.
Motivación
Houbo un san Fabricio, de biografía incerta, que sería martirizado nos primeiros séculos do cristianismo en Hispania.
Fabrizio del Dongo é un dos personaxes principais da novela A Cartuxa de Parma (1839), de Stendhal.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Fabrizius | |
Catalán | Fabrici | |
Español | Fabricio | |
Éuscaro | Fabrizio | |
Francés | Fabrice | |
Inglés | Fabricius | |
Italiano | Fabrizio | |
Portugués | Fabrício |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Fabricio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]