Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fara
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome de orixe discutida. Fálase dunha orixe xermánica, como hipocorístico dos nomes compostos con *fara-, que indicaba un corpo de expedición formado por un grupo étnico e familiar. Tamén do árabe, Faraj, procedente de faraján 'alegre'. E, finalmente, do hebreo, latinizado en Phara, co significado de 'frutífera'.
Motivación
Santa Fara (ou Burgundofara) foi abadesa no século VII no convento beneditino de Faremoutiers (Meaux), preto de París.
Hai unha lenda que a sitúa en Galicia, como monxa bieita no mosteiro de Melón; non obstante, o seu culto empezou no século XVI, posiblemente traído de Francia polos monxes bieitos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Fara | |
Español | Fara | |
Italiano | Fara | |
Portugués | Fara |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]