Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fabio
masculino
Pronuncia
Fabio:
Etimoloxía e historia
Adaptación do antiquísimo xentilicio romano Fabius, derivado do latín faba 'faba', e correspondente ao etrusco Fapi. É un dos moitos nomes que en latín, como noutras linguas, detectan o peso do sector agrícola nunha etnia. Fabio era, polo tanto, un apelido que aludía á faba, como Cicero aos chícharos.
Motivación
Fabio era o cognome dunha ilustrísima familia romana, da que destacaron: Quinto Fabio Píctor (século III a. C.), analista, o máis antigo historiador romano; Quinto Fabio Máximo ‘o Verrugoso’ (século III a. C.), político e xeneral que se enfrontou a Haníbal; Quinto Fabio Quintiliano (c. 35 - c.95), natural de Calagurris (Calahorra), profesor de retórica de Plinio, do futuro emperador Hadriano e, talvez de Xuvenal e de Tito Livio.
San Fabio (século III) foi bispo de Antioquía e morreu decapitado en Mauritania.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Fabius | |
Catalán | Fabi | |
Español | Fabio | |
Éuscaro | Fabio | |
Francés | Fabius | |
Inglés | Fabius | |
Italiano | Fabio | |
Portugués | Fábio | |
Romanés | Fabius |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]