Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Exidio
masculino
Nome cristián
Véxase Xil
Etimoloxía e historia
Do nome persoal do latín tardío Aegidius ou Egidius, de etimoloxía controvertida. A hipótese máis estendida tírao do grego aigídion ‘cabuxo’ derivado de aíx, aigós ‘cabra’, que significa figuradamente ‘coiraza, escudo’, porque estes se facían da pel da cabra. O nome Xil ten a mesma orixe etimolóxica.
Motivación
Santo Exidio (século VIII), de orixe ateniense, foi abade do mosteiro de Arles na Occitania. Hai outro santo Exidio de Santarém (Portugal), monxe da orde dominicana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Egidi | |
Español | Egidio | |
Éuscaro | Gil | |
Egidio | ||
Francés | Egide | |
Portugués | Egídio |
Antes e despois de Exidio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]